Atalaia

Árbore da vida. México. Candelabro. Barro pintado, 57,5x49x13 cm. Col. Fundación Granell
> Eugenio Granell e a súa colección étnica
Datas: 21/06/2012 - 02/09/2012

Descrición

Con motivo da celebración do centenario de Eugenio Granell, o Museo do Pobo Galego acolle unha exposición que reúne a súa valiosa colección de arte étnica. Esta colección naceu do interese antropolóxico de Granell, que lle levou a coleccionar obxetos dos cinco continentes. Ao longo da escolma de pezas, a colección amosa o interese surrealista cara o primitivo, por esa procura da cualidade do ser humano. Está composta por máscaras, xoguetes e obxetos de diferentes lugares: Santo Domingo, Polonia, EEUU, Filipinas, Puerto Rico, África, España, Portugal, entre outros países.

Ao igual que moitos dos seus compañeiros de movemento, Granell compartía coas culturas étnicas unha percepción similar do obxecto. Segundo certos rituais, as máscaras, esculturas e outras pezas personifican os espíritos e transforman o individuo que os porta.

A Fundación Eugenio Granell celebra este ano 2012 o centenario do nacemento de Eugenio Fernández Granell. O artista nunca esqueceu Santiago de Compostela, cidade na que pasou a súa infancia e xuventude, por iso, este evento celébrase mostrando a súa obra e tamén o rico legado que forma os fondos da Fundación en diferentes sedes culturais da cidade.

Un proxecto que conseguiu involucrar ás principais institucións culturais de Compostela e de Galicia: Cidade da Cultura de Galicia, Museo do Pobo Galego, Auditorio de Galicia, Centro Cultural Novacaixagalicia e Centro Galego de Arte Contemporáneo.

Fonte: Museo do Pobo Galego / Fundación Granell