Atalaia

Vista da exposición
> Eva Lootz. A-nudando
Datas: 06/03/2014 - 18/04/2014

Artistas

Eva Lootz

Descrición

A-nudando continúa explorando o tema dos nudos, tratado por primeira vez na exposición da artista que tivo lugar no 2012 no Círculo de BB AA de Madrid. Reúne memorias antropolóxicas ancestrales en gran medida descoñecidas, un xogo infantil en trance de desaparición, a teoría dos nudos da matemática avanzada e incide tamén, a través da ensinanza lacaniana, na teoría psicoanalítica.

Neste caso se presentan unha serie de debuxos de gran tamaño non amostados anteriormente, a peza escultórica Mostrar – Nombrar, así como a posibilidade de asistir a un curso coa artista no que os participantes terán a ocasión de aprender algunhas das complexas figuras de cordel, tal e como foron - e en parte son - practicadas por comunidades nativas do continente americano, como Navahos, Apaches, Jicarilla, Osage, pero tamén nas Illas do Indico e do Pacífico, o continente asiático e africano. 

Fonte: Galería Trinta

Entrevista a Eva Lootz en Espacio de Arte (Correo TV)