Atalaia

Vista da exposición Cut through the fog
> Eva Lootz. Cut through the fog
Datas: 28/10/2016 - 29/01/2017

Artistas

Eva Lootz

Comisariado

Alicia Murría

Descrición

Esta exposición de Eva Lootz non se propón como unha exposición antolóxica; trátase máis ben dunha aproximación a unha serie de pezas significativas que arrincan na década dos setenta para chegar ata a actualidade. Atopamos así unha ampla recompilación de traballos daquela primeira etapa, aínda que con máis exactitude, conviría denominalos obxectos. Neles prima unha actitude de procura e experimentación cos máis diversos materiais, un primeiro bloque constitúeno unhas peculiares superficies pictóricas onde se suprimiu a cor para indagar nos comportamentos dos pigmentos e dos soportes: alcatrán, alkil, parafina, lacre, carbón, fibra de vidro, la, muletón, lona, tarlatana, esparto, feltro…

O título, Cut Through the Fog, preside non só esta exposición senón unha forma de entender a realidade, o mundo, a alusión a un corte máis alá do visible, unha posición ante a vida. Dúas pezas poderiamos interpretar que encarnan fielmente esta idea: dun lado o vídeo Blind Spot que, nesta versión, se presenta nun cuarto cheo de néboa e subliña así a temática do punto cego. Doutro, a proxección da gran garganta que protagoniza o vídeo Gran torbellino (Gran remuíño, 2016), suxire a idea de ser arrastrado, absorbido, de desaparecer mesmo e apunta cara á imposibilidade dun dicir pleno. Suxire, talvez, o cuestionamento dos nosos modelos de pensamento para dar lugar a un baleiro renovador. Lootz indagou en antigas culturas, na súa obra emerxen formas anteriores á aparición da escritura —signos ancestrais como ese 8 a nivel de chan, símbolo do infinito, que protagoniza tanto Circuito roto (Circuíto roto) como Bucle abierto (Bucle aberto), ambas de 1988—, coma se escoitase o latexar da terra, a súa música, e, sobre todo, o rumor nela da presenza humana.

Fonte: CGAC

Folleto da exposición

Conversa entre Alicia Murría, comisaria da exposición, e Eva Lootz (28 de outubro de 2016)

Conferencia Fermín Blanco,"Frei Otto, un home libre. Arquitectura ao redor de Eva Lootz”

Eva Lootz. Metrópolis. La 2 (25 de xaneiro de 2017)

Esta exposición non se expón como unha antolóxica —imposible encerrar nunha soa mostra máis de corenta anos de traballo incesante—; trátase máis ben dunha aproximación a unha serie de pezas significativas que arrincan na década dos setenta para chegar ata a actualidade. Atopamos así unha ampla recompilación de traballos daquela primeira etapa, aínda que con máis exactitude, conviría denominalos obxectos. Neles prima unha actitude de procura e experimentación cos máis diversos materiais, un primeiro bloque constitúeno unhas peculiares superficies pictóricas onde se suprimiu a cor para indagar nos comportamentos dos pigmentos e dos soportes: alcatrán, alkil, parafina, lacre, carbón, fibra de vidro, la, muletón, lona, tarlatana, esparto, feltro…O título, Cut Through the Fog, preside non só esta exposición senón unha forma de entender a realidade, o mundo, a alusión a un corte máis alá do visible, unha posición ante a vida. Dúas pezas poderiamos interpretar que encarnan fielmente esta idea: dun lado o vídeo Blind Spot que, nesta versión, se presenta nun cuarto cheo de néboa e subliña así a temática do punto cego. Doutro, a proxección da gran garganta que protagoniza o vídeo Gran torbellino (Gran remuíño, 2016), suxire a idea de ser arrastrado, absorbido, de desaparecer mesmo e apunta cara á imposibilidade dun dicir pleno. Suxire, talvez, o cuestionamento dos nosos modelos de pensamento para dar lugar a un baleiro renovador. Lootz indagou en antigas culturas, na súa obra emerxen formas anteriores á aparición da escritura —signos ancestrais como ese 8 a nivel de chan, símbolo do infinito, que protagoniza tanto Circuito roto (Circuíto roto) como Bucle abierto (Bucle aberto), ambas de 1988—, coma se escoitase o latexar da terra, a súa música, e, sobre todo, o rumor nela da presenza humana. - See more at: http://cgac.xunta.gal/GL/exposicion-detalle/67/EVA-LOOTZ#ad-image-0