FAC Feminismos. Recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia é unha intervención de Ania González que tenta a construcción material dun diagrama vivinte capaz de contextualizar no interior da (contra)historiografía contemporánea a recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia. Para logralo contarase coa participación do proxecto teórico/artístico Archivo T (Genderhacker), varios casos de estudio seleccionados entre a programación cultural dos últimos anos en materia de xénero en Galicia, unha serie de entrevistas presenciais feitas o mesmo día 24 no FAC Peregrina a diferentes axentes culturais entre xs que se contan a filósofa Rebeca Baceiredo, a comisaria Anxela Caramés, a activista Mai ou a galerista María Díaz entre outrxs e unha videoteca-bibliografía misturada específicamente para a ocasión e descargable in situ polxs asistentes.
FAC Feminismos conta coa colaboración audiovisual de Lúa Gándara quen ademáis de ocuparse da gravación das entrevistas presenta a videocreación Armas de mujer e máis coa colaboración musical do Sr. Anido (Rafa Anido) que participa cun concerto no que presentará un tema especial creado para FAC Feminismos e baseado no libro da escritora e directora de cine francesa Virginie Despentes Teoría King Kong tras o que tocará outras cancións do seu repertorio habitual. Con esta colaboración, Rafa, achégase segundo as súas propias palabras, ao igual que moitos outros, a un mundo no que non está moi integrado, o do feminismo, “coa intención de enchouparse o máximo posible del, xa que é o futuro”.
Fonte: FAC Peregrina
Vídeo. Ania González e Anxela Caramés
Vídeo. Ania González e Rebeca Baceiredo
Vídeo. Ania González, María Díaz e Araceli Torres