Atalaia

Vista da exposición La unió dels oceans
> Fina Miralles. La unió dels oceans
Datas: 23/05/2013 - 15/08/2013

Artistas

Fina Miralles

Descrición

 

La unió dels oceans é a historia dunha procura e tamén do seu achádego, a articulación dunha sospeita, dese rumor que que se ergue connosco cada mañá e que confirma que a vida discorre na fráxil fronteira dun universo onde a experiencia e o coñecemento se encontran coa razón e o azar. 

Fina Miralles entende o ser humano como enerxía que interacciona cos elementos naturais, unha forza que se desprega nunha natureza que evoluciona e progresa en relación a nós como individuos. A agreste soidade do Cap de Creus (Girona) lévanos atrás no tempo, imaxino, algo difícil de entender se nunca se viu o seu amanecer... o poder abafador da paisaxe adquire outra dimensión no case sagrado silencio da mañá. Inmerso nunha luz que o inunda todo, a natureza activa os sentidos murmurando o que normalmente non percibimos... e é aí nesa delgada liña de vida onde nace e ten lugar o traballo de Fina Miralles.

Fina Miralles (Sabadell, 1950) é unha das artistas clave que emerxeu en Cataluña durante os últimos anos da ditadura Franquista, alá nos primeiros anos 70. Fina era parte do movemento conceptual catalán, xurdido nun período de profunda transformación na sociedade e no complicado contexto da arte española do momento. Un grupo que tivo un papel relevante, e merece ser considerado entre outros movementos conceptuais xurdidos a ese tempo en Europa, Latinoamerica ou os Estados Unidos.

Fonte: PM8