Atalaia

Panorámica da exposición con fondos da Colección MACUF
> Fondos da Colección MACUF
Datas: 11/11/2010

Descrición

A Colección do MACUF, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural-Unión Fenosa, distribuida entre iste museo e o Museo Patio Herreriano, de Valladolid, enmárcase no coleccionismo nado na España dos anos 80, e articúlase ao redor do século XX, cunha maior representación dos movementos artísticos posteriores aos anos 60 e con vontade de abarcar os territorios estéticos de Galicia e España.

Ista exposición inédita, que ocupa dúas plantas na ala norte do museo, contén 64 obras. É dicir, apenas un 12% das 531 que conforman o total da colección. Agás contadas excepcións, as 64 pezas proceden de eventos organizados desde o propio museo, como son as Mostras, as Bolsas de Creación Artística ou diversas exposicións temporais, e foron realizadas por galegos e do resto de España ao longo das dúas últimas décadas.

Fonte: MACUF