A través de oito artistas que traballan coa fotografía, o vídeo e a instalación, a exposición formula diversas miradas, diversos modos de aproximarse aos feitos históricos, tanto do presente coma do pasado. A todos eles lles xunta o desexo de reflexionar sobre os devanditos acontecementos pero o fan dende unha postura distanciada, que ten máis que ver coa do artista que coa do fotógrafo de prensa ou de reportaxe. A maioría destes artistas traballan con imaxes construídas —apelando a ese “facer imaxes” que sinala Hans Belting na súa Antropología de la imagen—, e con iso poñen en dúbida o carácter demostrativo ou indexal do medio fotográfico.
Presentada en Hôtel des Arts, Toulon, a finais de 2013, a mostra chega agora ao MARCO de Vigo, onde se exhibirá ata finais de maio, para viaxar despois a PHotoEspaña, Madrid, durante os meses de xuño e xullo de 2014.
Fonte: MARCO