Atalaia

Imaxe: Vistas das mostras e videostills das proxeccións de: R. Marcos Mota. Lo que nos une / Marta Alvim. No Green, No Blue / Federico Strate Pezdirc. Un galón de Monster Foam. Galería 9THE13, A Coruña.
> Hungry Summer [01]. R. Marcos Mota. Marta Alvim. Federico V. Strate Pezdirc
Datas: 27/06/2012 - 21/07/2012

Descrición

A Galería 9THE13 presenta Hungry Summer como un formato para a exhibición sucesiva das súas últimas propostas de videocreación e videoinstalación a través do traballo de tres artistas: R. Marcos Mota, Marta Alvim e Federico Vladimir Strate Pezdirc.

Nesta súa primeira edición, Hungry Summer [01] ábrese con R. Marcos Mota (Tarragona, 1988). Presenta Lo que nos une, unha videoinstalación que o artista catalán resume como "unha iniciativa, unha oportunidade e unha narrativa tecida temporalmente nun espazo. Lo que nos une preténdese como unha formalización tríptica e apunte sobre a discontinuidade xeracional. Un patrón que se repite en tres formatos, erixíndose como trindade e terceiro sexo simultáneamente. Un croma peludo que é oráculo, espello e sombra; foco, reflexión e esquelete; portal pechado e antecámara funeraria do presente español".

A seguinte proposta de Hungry Summer [01] é a de Marta Alvim (Oporto, Portugal, 1979), que presenta No Green, No Blue. Unha película que reflexiona sobre o impacto dos valores sociais, na forma en que estes alteran a noción do tempo, do espazo e o papel que cada individuo desempeña na súa propia vida e, consecuentemente, na sociedade. Suxerindo diferentes miradas, o son e a imaxe alternan entre soño e realidade, ou entre o consciente e o subconsciente, nunha narrativa que, de forma metafórica, analiza o papel do Home nun Mundo onde él mesmo mírase como sistema.

Por último, é Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bos Aires, Arxentina, 1983), o encargado de pechar este ciclo de Hungry Summer [01] coa exhibición de Un Galón de Monster Foam. Trátase dun documental de creación que, xunto con Henry Hudson e hijo, forma parte dunha serie de narrativas que procuran rachar as relacións causais e teleolóxicas que tradicionalmente teñen constituido o discurso audiovisual. Fundindo o histórico, o subxectivo e o ficticio nun mesmo plano, a peza opera mediante anacronismos e discontinuidades, empregando recursos de montaxe-colisión para rachar a linealidade e crear unha narrativa na que cada secuencia contrasta, reflíctese ou fáise eco de outras. O resultado é un diálogo entre texturas e formatos, entre imaxes que se atopan disgregadas nun mesmo plano horizontal, sendo a única xerarquía a súa relación na liña temporal da película. Un Galón de Monster Foam fala dos avós do autor: un cazador arxentino e un avogado esloveno que escapou de Europa despois da Segunda Guerra Mundial. Pero o documental amplíase con máis personaxes e retrata tamén a un cazador inglés ao que lle tería gustado nacer nunha familia acomodada para poder dedicarse á caza e non ter que ser comisario nun dos museos de taxidermia máis antigos de Europa; tamén ao fundador dese museo, cazador durante a etapa colonial británica, que sobreviviu ao ataque dun león do que se vengou/homenaxeou taxidermizándoo e incluíndoo nun diorama; un ex-modelo ruso que se gaña a vida como artista de bodypainting, convertíndose en Humanimal; unhas maquilladoras que convirten ao autor en cervo; unha escultora que toma moldes de buracos de bala... e así unha singular galería de personaxes retratados baixo a persoal metodoloxía de Strate Pezdirc.

Fonte: Galería 9THE13