Este Congreso está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo e conta coa colaboración de distintas institucións museísticas de calado, entre outras, o Museo de Belas Artes de Murcia, así como o seu Centro de Estudos de Museoloxía; o Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC); o Museo de León; o Centro Buendía da Universidade de Valladolid; o Museo Thyssen-Bornemisza; o Museo Arqueolóxico de Cacabelos e o Festival Miradas Mulleres 2014 nas súas sedes de Madrid e Galicia.
Conta, igualmente, co patrocinio científico das Universidades de Zaragoza co Máster en Museos: Educación e Comunicación, Santiago de Compostela e Vigo.
Comité organizador
Encarna Lago. Rede Museística Provincial de Lugo
Juan García Sandoval. Museo de Belas Artes de Murcia. Centro de Estudos de Museoloxía da CARM
Luis Grau Lobo. Museo de León
Araceli Corbo. Biblioteca e Centro de Documentación. Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC)
Festival Miradas Mulleres 2014
Mónica Álvarez. Festival Miradas Mulleres 2014 en Madrid
Paula Cabaleiro. Festival Miradas Mulleres 2014 en Galicia
Comité científico
Almudena Domínguez. Catedrática de Arqueoloxía e Directora del Máster en Museos. Universidade de Zaragoza
Marina Núñez. Artista e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo)
Mar Rodríguez Caldas. Profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo)
Coordinación científica
M.ª Carmen Delia Gregorio Navarro. Investigadora de xénero. Universidade de Zaragoza
Secretaría e coordinación técnica
Gema López. Artista plástica, Lugo
Pilar Sánchez. Produción cultural
Juan Ignacio Koki. Rede Museística Provincial de Lugo
Fernando Arribas. Responsable do Departamento de Difusión da Rede Museística Provincial de Lugo
A visibilización das mulleres na Historia da Humanidade é o obxectivo principal cara ao que van encamiñados os Estudos de Xénero/Mulleres impulsados polo movemento feminista que naceu nos anos sesenta do século XX. Abriron unha nova perspectiva, enriquecendo a Historia que se escribira ata entón, analizando as relacións sociais entre mulleres e homes e construíndo un discurso científico no que se reflectían ambos os sexos.
Neste seminario propoñeremos interesantes reflexións sobre: a Historia das Mulleres, o Xénero, os Museos e a Arte. Unha conxunción de catro aspectos cun denominador común, as mulleres, e na que poderemos analizar cada un deles, de maneira detallada, tanto a través de experiencias concretas e vividas como de daquelas máis xerais, na teoría e na práctica.
Unha aproximación e estado da cuestión dos estudos de xénero, así como o caso concreto dalgunhas asociacións de mulleres, que melloran a vida de moitas persoas, e intervencións sobre a Historia das Mulleres abrirán este Congreso. Asistiremos, tamén, a un repaso completo dos museos dedicados ás mulleres en España estudando, tamén, que representación teñen as mulleres nos museos e centros patrimoniais a través das imaxes, concepto e linguaxe.
Falando da muller e a Arte Contemporánea poderemos ver tanto o triunfo da independencia como a consecución dun obxectivo e a través das súas obras unha nova vía de comunicación, máis extensa, que nos relata as vidas e experiencias das mulleres e sobre as mulleres no pasado e no presente.
Coa realización deste Seminario, pretendemos fortalecer as políticas e iniciativas públicas e privadas dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre os sexos e a loita contra o sexismo, desde o ámbito da educación, vendo que as mulleres representaron e representan, ao igual que os varóns, o 50% da nosa sociedade.
O Congreso está estruturado en tres bloques temáticos: Xénero e Historia; Xénero e Museo; Arte e Xénero. Cada un dos anteriores ocupará un día completo dos tres nos que se desenvolverá o encontro e na orde correlativa mencionada liñas arriba.
A primeira sesión titulada “Xénero e Historia” realizaremos unha aproximación e estado da cuestión dos Estudos de Xénero, así como o caso concreto dalgunhas asociacións de mulleres, que melloran a vida de moitas persoas; todo isto, xunto con varias intervencións que versarán sobre a Historia das mulleres. Os Estudos de Xénero, que se desenvolveron desde os anos sesenta do século XX, están centrados nas mulleres e a súa Historia, así como nas relacións entre mulleres e homes. Deste modo, abriron unha nova perspectiva enriquecendo a Historia que se escribira ata entón e construíndo un discurso científico no que se reflectían ambos os sexos.
A segunda sesión tratará sobre a Museografía e o Xénero. Así, asistiremos a un repaso completo dos museos dedicados ás mulleres en España estudando, tamén, que representación teñen as mulleres nos museos e centros patrimoniais a través das imaxes, concepto e linguaxe. Neste mesmo espazo presentarase un proxecto en rede do Museo Provincial de Lugo, o Museo de León e o Museo de Belas Artes de Murcia e, mediante o cal, se analizarán os roles de xénero de mulleres e homes a través das súas coleccións. Esta investigación parte do interese e da preocupación destes tres museos co obxectivo de visibilizar tanto as mulleres coma os homes, a través das representacións artísticas, analizando, tamén, neste sentido, os problemas existentes desde a visión dos museos.
Na terceira e última sesión do Congreso trataranse os temas das mulleres e a Arte Contemporánea, presentando tanto unha visión xeral e estado da cuestión en Galicia como de temas concretos, entre os que se encontran a xestión e o comisariado realizado por mulleres na actualidade. Con varias experiencias concretas de mulleres artistas, poderemos ver tanto o triunfo da independencia como a consecución dun obxectivo e, a través das súas obras, unha nova vía de comunicación, máis extensa, que nos relata as vidas e experiencias das mulleres e sobre as mulleres no pasado e no presente.
Cada bloque temático será articulado cun ou dous relatorios, unha mesa redonda e unha quenda para comunicacións, cuxas condicións son explicadas nesta primeira circular.
Fonte: Rede Museística Provincial de Lugo