I Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”
A Cidade da Cultura abre as súas portas aos creadores mozos nacionais e internacionais para manter un diálogo construtivo sobre a arte contemporánea. O complexo cultural convértese así en escenario de intercambio e reflexión sobre aspectos esenciais da creación artística e aspectos máis concretos relacionados coa construción dunha obra e a súa proxección no mundo real. Os obxectivos establecidos son os seguintes:
1. A convivencia entre artistas novos galegos e procedentes doutros lugares.
2. Percorrer e debater a situación actual da arte contemporánea.
3. Proporcionar un espazo de encontro e intercambio de coñecementos e ideas.
4. Proporcionarlles aos seus participantes un lugar de acceso directo a artistas e obras consolidadas.
5. Darlles a coñecer aos participantes as principais infraestruturas do territorio galego dedicadas á arte contemporánea.
Co fin de fomentar a convivencia entre os distintos participantes é condición necesaria a obtención dunha das 100 prazas que convoca a Fundación Cidade da Cultura para axudar aos artistas mozos a abrir novas vías de difusión para as súas obras e ofrecerlles un espazo de coñecemento, de reflexión e de intercambio de ideas. Ademais, dentro do programa realízase o “Foro Aberto”, onde se lles dá a 30 creadores mozos a oportunidade de expoñer publicamente os seus propios proxectos artísticos. Cada xornada celébranse tamén conferencias con recoñecidos actores da arte contemporánea, para o enriquecemento dos novos creadores.
PROGRAMA
Domingo, 4
18.00 a 24.00. Monte do Gozo. Recepción, benvida e entrega de documentación aos alumnos
22.00. Monte do Gozo. Cea-Benvida
Luns, 5
09:00. Monte do Gozo. Almorzo
10:00. Cidade da Cultura. Recepción e benvida: Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura
10:15. Cidade da Cultura. Conferencia inaugural: Rafael Doctor e Ignacio Santos, directores do I Encontro de Artistas Novos
11:00. Cidade da Cultura. Paseo e percorrido polas instalacións e obras do complexo
12:30. Cidade da Cultura. Charlas: O autor e a súa obra: Rubén Ramos Balsa + Daniel Canogar
14:30. Monte do Gozo. Comida
17:15. Cidade da Cultura. Foro Aberto. Sesión I
21:30. Monte do Gozo. Cea
Martes, 6
09:00. Monte do Gozo. Almorzo
10:00. Cidade da Cultura. Charla: David Barro, comisario independente e editor de Dardo
11:30. Cidade da Cultura. Charlas: O autor e a súa obra: Antonio Ballester + José Luis Serzo
14:30. Monte do Gozo. Comida
17:15. Cidade da Cultura. Foro Aberto. Sesión II
21:30. Monte do Gozo. Cea
Mércores, 7
09:00. Monte do Gozo. Almorzo
10:00. Cidade da Cultura. Charla: Ana Soler, artista e profesora da Facultade de BBAA de Pontevedra
11:00. Cidade da Cultura. Charla: Carmen Fernández Rivera, directora do MACUF, A Coruña
12:00. Cidade da Cultura. Charlas: O autor e a súa obra: Suso Fandiño + Marina Núñez
14:30. Monte do Gozo. Comida
17:15. Cidade da Cultura. Foro Aberto. Sesión III
21:30. Monte do Gozo. Cea
Xoves, 8
09:00. Monte do Gozo. Almorzo
10.00. CGAC. Charla: Miguel von Hafe Pérez, director do CGAC, Santiago de Compostela
11:00. Percorrido polas exposicións do CGAC
12:00. Cidade da Cultura. Charlas: O autor e a súa obra: Carles Congost + Victoria Diehl + Pierre Gonnord
14:30. Monte do Gozo. Comida
16:30. Saída de autobuses. Monte do Gozo > MARCO, Vigo
18:00. MARCO. Charla: Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO
19:00. Percorrido polas exposicións do MARCO
23:00. Saída de autobuses. MARCO, Vigo > Monte do Gozo
Venres, 9
09:00. Monte do Gozo. Almorzo
10:00. Cidade da Cultura. Debate e posta en común
11:30. Cidade da Cultura. Conclusións
12:00. Cidade da Cultura. Entrega de diplomas
14:30. Monte do Gozo. Comida e clausura
Máis información: Teléfono: (+34) 881.997.565
Web: http://www.cidadedacultura.org/cultural/seccion.aspx?Id=116
Fonte: Cidade da Cultura