O I Foro Internacional de Espazos para a Cultura se celebrará os días 8, 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura e se emitirá en streaming, reunindo aos representantes dalgunhas das institucións culturais máis prestixiosas do mundo:
- Museum of Modern Art, MoMA (Nova York): www.moma.org
- Institut de Recherche et Coordination Acoustique/Musique, IRCAM-Pompidou (París): www.ircam.fr
- Biblioteca de Alexandría (Exipto): www.bibalex.org
- Smithsonian Institution (Washington): www.si.edu
- Barbican Centre (Londres): www.barbican.org.uk
- Museu de Arte de São Paulo: www.masp.art.br
- Fundacão Calouste Gulbenkian (Lisboa): www.gulbenkian.pt
- Centro Niemeyer (Avilés): www.niemeyercenter.org
- La Casa Encendida (Madrid): www.lacasaencendida.es
- CCCB, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona: www.cccb.org
- Art21/PBS, Public Broadcasting Service (Estados Unidos): www.pbs.org/art21
Co título de Infraestruturas culturais: sustentabilidade e retos de futuro, nesta primeira edición, analizarase o papel das infraestruturas culturais como factores de desenvolvemento económico, como polos para atraer proxectos empresariais ou como plataformas para a proxección da imaxe dunha comunidade no exterior.
Ismail Serageldin, director da Biblioteca de Alexandría; Allegra Burnette, responsable do MoMa.org; Natalio Grueso, director do Centro Niemeyer; José Guirao, director de La Casa Encendida; Josep Ramoneda, director do CCCB de Barcelona; Frank Madlener, director do IRCAM-Pompidou, ou Sheryl L. Kolasinski, directora de Operacións e Infraestruturas do Smithsonian, serán algúns dos participantes neste encontro, que abre un espazo para intercambiar estratexias destinadas a afrontar os retos derivados dun tempo cambiante.
O aforo é de cen prazas: oitenta para profesionais do ámbito da xestión cultural e vinte para estudiantes. Se estás interesado en participar, en breve atoparás os boletíns de inscripción e o programa completo en www.fiec-cidadedacultura.org. O custe será de 50 euros para estudiantes e 80 para profesionais e o prazo de admisión de solicitudes remata o 24 de outubro. Ademais, será posible seguir as conferencias en streaming na dirección www.fiec-cidadedacultura.org.
Fonte: Cidade da Cultura