Atalaia

III Foro Internacional de Espazos para a Cultura
> III Foro Internacional de Espazos para a Cultura
Datas: 15/11/2013 - 16/11/2013

Descrición

 

O Foro Internacional de Espazos para a Cultura, baixo o título A Revolución dos Festivais Artísticos centrará a súa atención na capacidade de transformadora de certos eventos sobre unha cidade e a súa comunidade.

Ponentes participantes: David Binder (Productor), María Sheila Cremaschi (Hay Festival, Segovia), Hortense Archambault (Festival D’Avignon), Jesús Cimarro (Festival Internacional de Teatro de Mérida), Francisco Martín (La Mar de Músicas) e Jonathan Mills (Edinburgh International Festival). Consulta o dossier na zona de descargas.

Moderadores: Andrés Lacasa, xerente da Orquestra Sinfónica de Galicia; Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña; María Solar Núñez, xornalista da CRTVG; Julio Gómez, director do Festival Sinsal Audio; e Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego. 

Fonte: CdC