O MAC organiza este obradoiro impartido por Ilan Wolf titulado A maxia da fotografía. A fotografía é unha "maxia" que crea con enerxía (luz), químicos, material sensible á luz (papel madeira, metal...) ¡ e unha chea de traballo manual e imaxinación! Hoxe, a xente non ten unha idea clara de onde vén a fotografía, a excitación do proceso de revelado... Hoxe en día a xente é "escrava" da tecnoloxía (cámaras dixitais, ordenadores, photoshop...) e pérdense todas esas experiencias xeniais!! Durante estes catro días de taller pasaremos polas distintas fases da creación dunha imaxe, dende a construción das cámaras, toma de fotos utilizando as nosas propias cámaras e revelado das imaxes sobre distintas superficies.
Crear unha imaxe única dende a construción da cámara, fotografando de xeito clásico, revelado dos negativos e positivos, ver como a imaxe se crea no interior da cámara. Pasar por todo o proceso e entendelo é unha aventura que os participantes, especialmente os mozos, non esquecerán nunca e que lles dará un novo punto de vista sobre a nosa realidade tecnolóxica.
Fonte: MAC Museo Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa