Ir donde se supone que no tienes que ir é unha exposición colectiva na que participan catro novos artistas que despuntan na actualidade na escena artística tanto nacional como internacional: Ana H. del Amo, Rosendo Cid, Manuel Eirís e Misha Bies Golas.
Ir donde se supone que no tienes que ir reúne obras específicas creadas para este proxecto que aborda os límites da arte, a noción de imposibilidade, como afrontala e como superala. Cada un dos artistas partiu desta premisa para levar a cabo diferentes pezas baixo as que subxace o concepto de imposible e que revelan a propia ocorrencia ante o reto de enfrontarse ao imposible a partir de diferentes técnicas e procesos como a pintura ou o apropiacionismo.
Ana H. del Amo desafía as leis do equilibrio xogando co material e coa forma na serie 'Far West. O imposible'. A artista moldea formas traspasando os límites de escalas e as posibilidades espaciais en virtude da corporeidade de cada material e a súa variable flexibilidade e rixidez para ofrecer ao espectador a sensación máxica de como foi resolto o truco nestas pezas que parecen imposibles.
Rosendo Cid presenta catro pinturas monocromas en forma de texto nas que xoga coa palabra e a pintura a través da descrición, historia e interpretación de catro categorías pictóricas: o bodegón, o retrato, a paisaxe e o monocromo. O seu proxecto parte da idea de realizar uns monocromos que mostran elementos certos con outros inventados nos que a aparencia, a realidade e a ficción conxúganse de tal modo que é case imposible discernir o real do que non o é, o posible do non posible.
Manuel Eirís recorre á experiencia sensorial, á cor e á estratificación do propio material pictórico para esconder un concepto, un texto ou unha escena cotiá. A pintura sérvelle ao artista para puntualizar os seus intereses a través da textura e a cor en tres monocromos que indagan a imposibilidade de revelar o que hai detrás nun proceso inverso á deconstrucción.
Para rematar, Misha Bies Golas idea unha serie de monocromos, apropiándose dunhas planchas de caucho danadas por máquinas offset de imprenta. Tal deterioro, fai necesaria a supresión da información para preservar a privacidade dos datos que contén, labor que é realizada mediante un borrado na que aparece o xesto humano. A consecuente irreproductibilidade nega a imaxe e a súa reprodución, pero o uso de material industrial, o xesto e a disposición das pezas manipuladas fan que a obra final adquira un simbolismo pictórico que enlaza co minimal e o informalismo.
Fonte: Sala X