Atalaia

Isaac Díaz Pardo. A barca de Caronte. 1947. Óleo sobre lenzo, 215 x 320 cm. Col. Novagalicia Banco e Novacaixagalicia
> Isaac Díaz Pardo. Fondos da Colección Novagalicia Banco e Novacaixagalicia
Datas: 23/02/2012 - 30/05/2012

Descrición

A sede da Fundación Novacaixagalicia na Coruña ofrece unha mostra do traballo artístico de Isaac Díaz Pardo (1920-2012), a tavés dos fondos das coleccións de Novagalicia Banco e Novacaixagalicia, con 35 obras nas que se encontran grandes lenzos, estudios preparatorios, bosquexos e debuxos do autor. As 35 obras dispostas na mostra recollen os lugares pictóricos de Isaac. En palabras do seu fillo, Xose Díaz, co-comisario da exposición: "Hai tres lugares fundamentais na faceta pictórica do meu pai: un é Madrid, territorio de formación e consagración, onde estuda Belas Artes e comeza a súa andaina profesional", (...) "o segundo lugar, e un dos máis fecundos, é O Castro de Samoedo, onde aparece a madurez e realiza os seus grandes óleos", (…). "O terceiro e último lugar da súa creación pictórica sitúase da outra beira do Atlántico, perto dos seus amigos e camaradas do exilio, nun lugar próximo a Bos Aires, no que comeza unha especie de desterro, afastándose da Galicia encollida, triste e asfixiante dos anos cincoenta, e ise lugar é: A Magdalena". A mostra deixa espido a un Isaac de formación clásica e empapado dunha intensa tradición artística familiar, un artista que estaba a sentar as bases de toda a súa plástica posterior, tal e como queda recollido no catálogo editado coa ocasión, Isaac Díaz Pardo. Fondos Colección Novagalicia Banco e Novacaixagalicia, que conta con textos do propio artista e dos comisarios da mostra, Xosé Díaz e Rosario Sarmiento.

Fonte: Novacaixagalicia Obra Social