Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Isaac Díaz Pardo. O concerto da zanfona, 1946
> Isaac Díaz Pardo. Pinturas e fracasos
Datas: 16/02/2011 - 17/04/2011

Descrición

A mostra Isaac Díaz Pardo. Pinturas e fracasos amosa unha selección de obras de gran importancia na faceta pictórica e ilustradora do polifacético intelectual e artista santiagués que proceden, na súa maioría, da súa propia colección e de coleccións privadas.

Entre as pezas que conforman a mostra, atópanse óleos pintados antes dos anos corenta e ata os setenta do pasado século. Desde un Autorretrato (1944), ata os retratos da súa familia -da súa muller, Carmen Arias, Mimina, e dos seus fillos-, pasando por conxuntos de ilustracións como os da carpeta Presa (1956), que saíu do prelo en Bos Aires, con debuxos feitos por Díaz Pardo da xente do seu rueiro, ou o conxunto de tintas sobre papel da colección Xentes, así como outros óleos sobre lenzo e papel –O concerto da zanfona (1946), A barca de Caronte (1955), Recollendo mortos (1955), Xente alporizada (1961), A nave espacial (1964), A parella (1964)-, así como algúns dos seus lendarios carteis de cego, como Paco Pixiñas (1970) e O crime de Londres (1977).

Do mesmo xeito, Isaac Díaz Pardo inclúe, no catálogo da exposición, un breve texto autobiográfico no que rememora momentos da súa vida percibidos desde a sensibilidade que lle outorga a súa longa existencia.

Fonte: Casa da Parra