Atalaia

Ismael Teira. Yes you can (Si ti podes). 2013
> Ismael Teira. Yes you can (Si ti podes)
Datas: 19/04/2013 - 19/04/2013

Artistas

Ismael Teira

Descrición

Dentro do programa FAC Express (montaxes expositivas de curta duración que atenden as posibles urxencias espaciais ou de presentación doutros proxectos artísticos ou de investigación) Fac Peregrina presenta este proxecto de Ismael Teira. 

Un golfista xoga rodeado dunha paisaxe semellante á de Bliss, se cadra unha das imaxes máis vistas no mundo grazas ao fondo de escritorio de Windows XP. Un horizonte que serve de telón de fondo para ambientar unha alegre escena campestre onde a herba é tan verde e o ceo tan azul que convirten ao “green” nun lugar realmente xenial. O vídeo publicitario do devandito sistema operativo amosaba a un individuo atravesando a paisaxe, con xesto de enorme ledicia, até conseguir alzar o voo. Titulouse Yes you can [Si ti podes]. Malia que poida semellar dificultoso, calquera pode facer cousas extraordinarias. Un golfista americano advertiu nunha ocasión: “Din que o golf é como a vida, pero non lles creas. O golf é moito máis complicado”.

Fonte: FAC Peregrina