Atalaia

J. H. Lartigue. Jeannine Lehmann. Royan, setembro de 1926. Copia moderna a partir de negativo de vidro de 9x13 cm.
> Jacques Henri Lartigue (1894-1986). Fotografías. Un mundo flotante
Datas: 25/10/2012 - 03/02/2013

Descrición

"Ser fotógrafo é atrapar o propio asombro". Durante toda a súa vida, Jacques Henri Lartigue (1894-1986), foi fiel a isa inquedanza. Desde a súa máis tenra nenez fotografou todo aquilo que lle conmovía, que lle facía feliz, que lle parecía fermoso e que lle servía para loitar contra o paso do tempo e do olvido. Recoñecido hoxe dun xeito unánime como un dos grandes nomes da fotografía do século XX, a súa obra constitúe un documento único dunha época e una forma de vivir.

Un mundo flotante. Fotografías de Jacques Henri Lartigue (1894-1986) é a primeira grande exposición antolóxica do fotógrafo que se realiza en España. Reúne máis de duascentas pezas procedentes da Donation Jacques Henri Lartigue de París, entre copias modernas e instantáneas orixinais tomadas e reveladas por el mesmo -algunhas delas coa técnica estereoscópica-, así como cámaras, cadernos, axendas e algúns tomos do diario que realizou durante toda a súa vida. A mostra fai especial fincapé nos temas que resultaron unha constante durante toda a súa carreira: a fotografía como instrumento da memoria, unha ferramenta para capturar a fraxilidade da existencia e a brevidade da felicidade. Tamén reflicte a súa particular visión das mulleres e dun mundo que cambiaba velozmente. Todo iso ofrece ao visitante o retrato dunha época xa desaparecida a partir das imaxes inconfundibles de Lartigue, un mestre que durante os seus case 90 anos de traxectoria nunca deixou de considerarse un afeccionado.

Exposición realizada en colaboración coa Obra Social "la Caixa".

LINK: Reportaxe en La2 (TVE), sobre Jacques Henri Lartigue e a mostra Un mundo flotante.

Fonte: MAC, Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa / Obra Social "la Caixa".