Artistas: Jeff Wall, Marcel Duchamp, Rodney Graham, Bruce Nauman, Ian Wallace, Rainer Maria Fassbinder, Chris Burden, Frank Stella, Carl André, Dan Flavin, Lawrence Weiner, Robert Bresson, Jean Eustache, Steven Soderbergh, Pier Paolo Pasolini, Michael Haneke, Ingmar Bergman, Luc and Jean-Pierre Dardenne, Luis Buñuel, Stanley Kubrick, Terrence Malick, François Truffaut, Diane Arbus, Eugène Atget, Bill Brandt, Walker Evans, Robert Frank, Raoul Hausmann, Helen Levitt, Peter Hujar, August Sander, Alfred Stieglitz, Weegee, Wols, Heinrich Zille, Hans Peter Feldman, Dan Graham, Douglas Huebler, Robert Smithson, Roy Arden, Jean-Marc Bustamante, Andreas Gursky, Craigie Horsfield, Thomas Ruff, Stephen Shore, Thomas Struth, James Welling, Gary Winogrand, Jacques-André Boiffard, Kai Althoff, Patrick Faigenbaum, Martin Honert, Kerry James Marshall, Luc Tuymans, Stephen Waddell, Christopher Williams, Mark Lewis, David Claerbout, Willem De Rooij.
Jeff Wall (Vancouver, Canadá, 1946), é, sen dúbida, un dos artistas máis influentes da arte dos tres últimos decenios. Desde finais dos setenta, o artista -coas súas fotografías de gran formato colocadas en caixas de luz- propúxose redefinir os paradigmas da fotografía. Desde os inicios da súa carreira, as súas imaxes -coas súas alusións á historia da arte e, máis concretamente, á pintura clásica- reflicten a súa convicción de que é posible manter unha certa continuidade incluso dentro dos canons do modernismo e o seu postulado de que é posible pintar a vida moderna.
A exposición O sendeiro sinuoso examina o contexto que propiciou o desenvolvemento da obra de Jeff Wall e, a través dunha ampla escolma tanto das súas obras coma das doutros artistas, aspira a percorrer a traxectoria das preocupacións estéticas do fotógrafo. O proxecto explora as íntimas interconexións entre o proceso creativo do artista e as influencias e indagacións que o marcaron. Estas influencias foron pictóricas, fotográficas, cinemáticas, literarias e documentais, e sumáronse ás posicións teóricas adoptadas polo propio Wall. A exposición amosa tanto a lóxica interna do seu traballo como as experiencias estéticas que guiaron as súas decisións e o conxunto da súa obra.
Na exposición abórdase unha gran diversidade de temas que resultan esenciais na obra de Wall: o minimalismo e a relación coa escala, a fotografía histórica, a fotografía conceptual e posconceptual, a literatura, a fotografía documental, etc. Vinte e cinco obras de Jeff Wall, que van os desde anos setenta ata a actualidade, e que constitúen o cerne da exposición, serven para ilustrar estes temas xunto cunha escolma de obras doutros autores realizada polo comisario da mostra Joël Benzakin e polo propio artista. A exposición non só constitúe unha oportunidade única para coñecer en profundidade a obra dun autor referencial da fotografía contemporánea, senón que permite reinscribir o seu traballo no contexto cultural en que este se desenvolveu. Cincuenta e nove artistas, de Eugène Atget a Luc Tuymans, foron coidadosamente escollidos para establecer un proveitoso diálogo cunha traxectoria enraizada na fotografía que acabaría por ter repercusión en todo o universo de arte contemporánea.
"O sendeiro sinuoso é un camiñiño feito polos seus usuarios, sen plan preestablecido, para facer algo que a administración habitual non puido ou non quixo facer, de modo que hai un indicio de desobediencia ou de independencia: a xente pode facer cousas que non podemos prever”. Jeff Wall
Fonte: CGAC
Jeff Wall. The Crooked Path é unha mostra producida por BOZAR, Centre for Fine Arts, Bruselas.
Link a vídeo (English) da mostra en Bruselas, con vistas da montaxe e declaracións de Jeff Wall:
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=YZ8c7oopVYI