A Fundación Barrié mostra na súa sede de Vigo a exposición de Jessica Stockholder, unha retrospectiva arredor da obra desta artista norteamericana. Exemplo indiscutible do que se veu denominando como pintura expandida, Jessica Stockholder (Seattle, EE UU, 1959) é unha das artistas máis influentes e valoradas da súa xeración no ámbito internacional. Nesta produción propia da Fundación Barrié, que ocupa todas as salas da sede viguesa, Jessica Stockholder presenta varias instalacións e máis dunha decena de traballos recentes, entre eles a peza 8066, que forma parte da colección de pintura contemporánea da Fundación.
Fonte: Fundación Barrié