Joan Morey dirixe o obradoiro A arte de venderse: mercadotecnia para artistas, un obradoiro orientado a ofrecer soporte metodolóxico ao artista na organización da obra na fase de presentación da traxectoria profesional, así como na comunicación das súas obras ou proxectos e na xestión e divulgación da produción artística. Trátase de construír un marco no que situar a comunicación e presentación do artista, proporcionándolle ferramentas diversas para integrar de forma eficaz o seu traballo no contexto da arte.
Fonte: Fundación Luís Seoane