Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Joana Salvador. Pintura pertencente á serie Os mundos inacabados.
> Joana Salvador. Os mundos inacabados
Datas: 04/10/2012 - 30/11/2012

Artistas

Joana Salvador

Descrición

Os mundos inacabados de Joana Salvador (1971, Lisboa), é unha mostra -realizada en colaboración coa Galería 111 (con sedes en Oporto e Lisboa)-, que presenta formalmente á artista portuguesa en España a través da súa obra máis recente. O título da mesma está baseado nun texto homónimo escrito por Ana Ruivo, en 2005, que á súa vez aludía ás palabras da propia artista cando se refería ás súas incompletas, perturbadoras e acolledoras paisaxes, "tan inacabadas como inacabado está o mundo". Cunha frase tan contundente, pero ao mesmo tempo tan incerta, marcada polo significado tan aberto que esconde, pódese definir a obra da artista portuguesa como un mundo propio conformado por un compendio de imaxes extraídas da súa cotidianidade transitoria, que van configurando ese peculiar hábitat creado expresamente por ela. O significado destas imaxes deixa sen pechar de todo ese macrocosmos, condenado a permanecer inconcluso en aparencia, pero resarcido ao poder ser completado por cada espectador que o contempla.

A obra de Joana Salvador ten un forte carácter autorreferencial, de tal modo que as vivencias que recolle son propias, verídicas ou inventadas, pero creadas e rexistradas na súa memoria como acontecidas, sendo todas elas moi persoais e cheas dunha forza tan especial, que lle permite poder empregalas para buscar o verdadeiro sentido á súa vida.

Joana Salvador traballa con diversos soportes, materiais e técnicas, destacando neste proxecto sobre todo a presenza da encáustica, o que lle aporta textura e plasticidade á obra. As pezas expostas en Espacio48 son de mediano e pequeno formato, e lonxe do rigor do debuxo clásico, asumen todas elas o trazo como unha tradución espontánea e inmediata. As figuras que habitan os mundos inacabados da pintora están controvertidamente definidas, ben rematadas e, en clara oposición co lugar que ocupan, son personaxes moi concretos, ás veces bastos ou desproporcionados, ás veces doces e infantís, pero todos eles perfectamente trabados, estudados e situados no curioso universo naif que os arroupa. E eses personaxes transmiten ao visitante a sensación de ser totalmente capaces de seguir modificando o espazo impreciso e tan cheo de posibilidades que lles rodea, intentando sempre recordar que neste mundo non se pode dar nada por rematado…

Fonte: Galería Espacio 48