Atalaia

José Andrés Santiago. Entomológica IV, Serie Origami (2008). Impresión dixital e papiroflexia, 76 x 61 cm
> José Andrés Santiago. True Colors
Datas: 05/04/2013 - 11/05/2013

Descrición

True Colours é unha exposición de José Andrés Santiago (Santiago de Compostela, 1981). As primeiras instalacións da serie True Colours formuláronse como intervencións murais de carácter pictórico que empregaban a figura de orizuru (grúas de papel). A atención cara ás grúas orizuru xorde do desexo de ordenación radical, da dobrez, da pregadura meticulosa e da ríxida planificación de cada unha destas instalacións.

O xogo visual coa cor, inicialmente sen máis pretensión que a de levar a cabo estudos cromáticos e a súa interacción co soporte mural, deveu nunha exploración tridimensional co volume da peza e a luz como elementos igualmente importantes, así como as construcións de sombras que se xeran.

Catálogo da exposición 

Fonte: Galería 9THE13