Atalaia

Joseba Muruzábal. Bacanal FAC. 2012
> Joseba Muruzábal. Bacanal por encargo
Datas: 25/05/2012 - 26/05/2012

Descrición

FAC Peregrina, Furancho de Arte Contemporánea, presenta unha nova proposta de FAC Express: Joseba Muruzábal. Bacanal por encargo.

O pintor Joseba Muruzábal (Cambre, A Coruña 1984), presenta no FAC Peregrina a súa obra de encargo Bacanal, composta por un panel de grandes dimensións no que retrata aos membros da familia FAC’er, participando dunha bacanal romana, e un retrato do deus Baco, tamén de grandes dimensións.

Con esta proposta o FAC Peregrina pretende afondar sobre a cuestión das obras por encargo como medio de supervivencia e produción, non sempre recoñecido, para o artista.

Fonte: FAC Peregrina