Terceira exposición do ciclo Estado crítico. 10 comisarios / 10 artistas, concebido por Xosé Manuel Buxán Bran para a Sala Alterarte, dependente da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Nesta ocasión, e baixo o comisariado de Ramón Rozas, preséntase S/T (el futuro no era así), unha proposta conxunta a partir do traballo de dous autores: Juan Adrio (Pontevedra, 1971) e Vanesa Díaz (Vigo, 1975), coñecidos polas súas prácticas fotográficas.