Atalaia

Juan Adrio. Visibilidade mínima. 2014
> Juan Adrio. Visibilidade mínima
Datas: 31/10/2014 - 18/01/2015

Artistas

Juan Adrio

Comisariado

Vanesa Díaz

Descrición

Con este proxecto Juan Adrio profunda no ámbito do xénero paisaxístico e o presenta dunha forma nova na súa traxectoria: en forma de proxección de tódalas imaxes que conforman a serie, editadas como un vídeo mediante fundidos en branco e sucesivas imaxes que pasan dese branco inicial á néboa que abarca toda a imaxe e, progresivamente vai descubrindo a paisaxe que oculta: cumios de montañas que se atopan a ambas beiras da estrada de Vigo a Ourense. Visibilidade mínima capta a paisaxe nun tempo (o inverno) e nun lugar (a estrada Vigo – Ourense) concretos. O resultado é unha obra chea de sensibilidade, que esixe un silencio (acústico e visual) para a súa observación, razón pola que a sala expositiva mudou nun cubo negro -ao xeito dunha sala de cine- no que se proxecta a sucesión de fotografías, nun formato a medio camiño (outra vez a idea de límite) entre a linguaxe cinematográfica (proxección, secuencia) e a linguaxe fotográfica (plano fixo, estatismo, silencio).

Fonte: Fundación Laxeiro

Vídeo da exposición

Reportaxe da mostra en Zigzag diario (TVG)

Entrevista a Juan Adrio en Espacio de Arte (Correo TV)