Juan Cuéllar (Valencia, 1967), licenciado en Belas Artes pola Universidade de Valencia, xoga co pop, a imaxinería popular e os conceptos a través da figuración. Herdeiro da estética pop valenciana, mantén nas súas obras unha técnica delicada e minuciosa, onde as tintas planas evolucionan cara unha riqueza tonal moi sutil.
Heads é unha serie de traballos sobre a icona popular de Mickey Mouse e, en particular, sobre a súa cabeza. Esta imaxe é empregada a xeito de icona do cidadán universal, democrático, industrializado e imperial que transita por un mundo que é o noso. Substitúennos no mundo onde habitamos desde o interior do propio fogar, o lecer nun supermercado, o amor imposible, a historia ou os escenarios para a fast food. Cabezas que invaden o espacio do cadro, que colonizan á figura humana, que se convirten no seu alter ego. Cabezas como inquedantes páxaros hitchcokianos pendurados dun cableado eléctrico e que contemplan, posiblemente, o desastre. Cabezas como cidadáns que len a historia nos xornais (President Dead), cabezas de monecos-peixe (serie Star Wars) ao xeito dunhas Talking Heads, etc. A exposición presenta tamén unha serie de esculturas en cerámica (Broken Heads) de cabezas de Mickey, sintetizadas e intervidas, cuxa imaxe é a empregada tamén como modelo nas pinturas e nos debuxos da serie Fast Food.
Fonte: Galería Marisa Marimón