Atalaia

The flickering darkness (2015). Vídeo (cor, 3 canles, son cuadrofónico, 13’ en loop)
> Juan delGado. The flickering darkness
Datas: 30/10/2015 - 31/12/2015

Artistas

Juan delGado

Descrición

The flickering darkness é un proxecto de Juan delGado (Cartagena, Murcia, 1965) que por primeira vez se exhibe en España. Trátase dunha peza audiovisual realizada en 2009, durante unha residencia de tres meses na cidade de Bogotá. Producida orixinalmente pola Universidade dos Andes, como parte do programa de residencias artísticas entre Colombia e Reino Unido, o proxecto foi apoiado por o British Council, o Ministerio de Cultura e o Consello das Artes UK.

O traballo de Juan delGado, artista español afincado en Londres, baséase na idea de facer visibles realidades, xeralmente de carácter social, que se atopan en estado latente. Utilizando a plasticidade visual como reclamo, o artista vai construíndo unha obra visualmente atractiva e impecable dende un punto de vista formal que, unha vez que nos atrapa, fálanos de aspectos concretos que a delGado lle interesa resaltar, aspectos normalmente silenciados polo discurso oficial que o autor, á maneira dun arqueólogo, fai aflorar. The flickering darkness constitúe un exemplo paradigmático desa forma de traballar.

Fonte: Fundación Laxeiro

Vídeo. The flickering darkness

Juan delGado fala sobre este proxecto