Atalaia

_ACHAR (2015). Ciclo Intertextual /MARCO Anexo Foto: cortesía do artista
> Juan López. _ACHAR
Datas: 26/06/2015 - 25/10/2015

Artistas

Juan López

Comisariado

Ángel Calvo Ulloa

Descrición

_ACHAR é un proxecto de Juan López dentro do ciclo Intertextual comisariado por Ángel Calvo Ulloa. Nel agroman as pegadas do desgaste ao que a cidade é sometida. Un proxecto que emite a outros anteriores como 0, realizado para Artium en 2014, no que por medio do pneumático dunha moto xeraba un debuxo sobre o chan da sala. No Anexo do MARCO, López inseriu dous grandes farois cuxo tamaño excedía o ancho do espazo e, axudado por un motor, forzounos a atascarse para que permanezan nel. É un xesto mínimo que nembargante require dun importante despregue, que procura introducir ese elemento meramente noctámbulo no interior do edificio e que xera ao mesmo tempo un indeleble rexistro, testemuño da acción violenta e do paso forzado. Iso mesmo ocorría sobre os muros das celas deste inmoble, proxectado como cárcere a mediados do século XIX e hoxe convertido en museo. 

Fonte: MARCO (Vigo)

Folla de sala