A Fundación Eugenio Granell presenta a mostra Álbum ilustrado danés; exposición que leva aparellado todo un conxunto de actividades arredor da ilustración infantil, a desenvolver durante todo o mes de marzo, orientado a nenos, maiores e familias.
A exposición, producida polo Comité Literario do Consello das Artes de Dinamarca, consta de 30 obras ilustradas pertencentes a 19 artistas, montadas sobre 46 caixas de luz. A mostra ofrece unha escolla formada polos mellores albumes ilustrados da literatura infantil danesa. A selección abarca dende pezas de clásicos da tradición do álbum ilustrado, até exemplos transgresores, como o Hamlet ilustrado por Dorte Karrebæk. As pezas máis antigas, do ano 1943, son de Okker Gokker gummiklokker e de Arne Ungermann, e as máis recentes son do 2009.
Fonte: Fundación Eugenio Granell