A Galería SCQ presenta o traballo pictórico de Li Shurui (Chongqing, China, 1981), consistente en cadros abstractos de gran formato e cunha predilección polo experimento cromático para acadar ambientes e atmosferas próximas ás nocións da post-paisaxe.
Segundo a propia artista, Todos os medos veñen do descoñecido que brila na Fin do Mundo, unha sentencia poéticamente desacougadora que artella gran parte da primeira exposición en España desta nova artista chinesa.
Fonte: Atalaia