Lita Cabellut (Sariñena, Huesca, 1961) é unha pintora española afincada en A Haia, Países Baixos. Cabellut traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco. Cabellut é unha artista multidisciplinar que traballa con óleo sobre lenzo, debuxos en papel, escultura, fotografía, poesía, poemas visuales e videos. Desde a súa primeira exposición en 1978, a obra de Lita foi exposta en todo o mundo, pasando por cidades como Nova York, Dubái, Miami, Singapur, Hong Kong, Londres, París, Venecia, Mónaco e Seúl. Algunhas outras exposicións reseñables inclúen Trilogy of the Doubt (2013) na Fundación Vilacasas en Barcelona e o museo NoordBrabants en Dean Bosh, Países Baixos; Here to Stay (2014) en Centro de Arte de Seúl; Black Tulip (2014) no State Visit Okura Hotel en Tokio, Xapón; e Blind Mirror (2015) no Museo Halsingland en Hudiksvall, Suecia.
Fonte: MAC