Atalaia

Xurxo Oro Claro, unha das súas esculturas da serie Nenos, 2007, que forma parte da mostra da colección Litonor
> Litonor_Arte: Edición
Datas: 14/09/2011 - 25/10/2011

Comisariado

Mercedes Rozas

Descrición

Litonor_Arte: Edición, é unha exposición centrada na actividade impresora e a confluencia cultural da empresa de artes gráficas compostelá Litonor. Comisariada por Mercedes Rozas, o conxunto presenta, dunha banda, unha escolma de obras de diferentes artistas que forman parte dos fondos artísticos de Litonor, entre os que compre salientar nomes como os de Leopoldo Nóvoa, Jose Freixanes, Berta Cáccamo, Ánxel Huete, Xurxo Oro Claro, Vari Caramés, entre moitos outros. Do mesmo xeito, tamén se expoñen libros, catálogos, publicacións e outros formatos editados por Litonor en estreita vinculación co eido das artes visuais, a narrativa, a poesía, o teatro ou a música.

Fonte: Atalaia