Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Loureiro. Arquitecturas. 2005 (Foto: Pablo Candamio)
> Loureiro. Perfís de realidade
Datas: 12/04/2013 - 31/08/2013

Comisariado

Sara Donoso

Descrición

Loureiro. Perfís de realidade é unha exposición retrospectiva que repasa a última década de traxectoria creativa do artista. Tomando como punto de referencia a anterior mostra celebrada no centro no ano 2002, formulamos un percorrido que reúne os proxectos máis relevantes desta etapa, así como unha gran cantidade de obra inédita; exemplo da intensidade creadora e a capacidade evolutiva de Loureiro.

Fiel á estratexia pictórica, do seu traballo derívase un interese intrínseco ao feito artístico, un compromiso coa experimentación do que xorden debuxos, esculturas, instalacións, cadros monocromos e imaxes que conectan directamente coa natureza. Observando a obra de Loureiro descubrimos calidades como o refinamento, a sutileza técnica e un lirismo impregnado de luz e misterio. Apreciámolo desde as súas paisaxes figurativas, onde un primeiro achegamento á técnica impresionista deixa paso ao informalismo para evolucionar posteriormente cara á abstracción. Unha evolución absolutamente coherente que comparte coa natureza máis do que a simple vista poderiamos descubrir. De aí xorde o título; Perfís de realidade. Unha intersección entre dous termos aparentemente incompatibles que Loureiro conxuga, disemina e alterna xogando a combinar realidade e abstracción coma se fosen, que o son, a mesma cousa.

Esta exposición ofrece ao espectador a oportunidade de reencontrarse co traballo do artista ferrolán, sinalando a potente presenza de creadores galegos na cidade.

Fonte: Centro Torrente Ballester 

Catálogo da exposición