A exposición Sete momentos convértese nunha homenaxe da súa cidade á figura de Luis Caruncho (A Coruña, 1929), onde se recollen vinte pezas nas que podemos seguir as principais etapas da súa producción artística, tanto en pintura como en escultura, grazas a unha moi coidada selección de pezas especialmente significativas de cada unha delas e que abranguen dende os anos cincuenta ata hoxe. Luis Caruncho é, sen dúbida, un dos autores galegos máis recoñecidos. Destaca a súa interpretación da pintura dende presupostos constructivistas, aos que aporta unha lírica moi especial co emprego da cor. Ten feito exposicións nas principais cidades do mundo. A súa vinculación coa súa cidade de nacemento é constante, e tivo sempre un intenso e prolongado labor de promoción das artes xa coa célebre Galería Giannini como todo o seu traballo coa Fundación Fenosa e, especialmente coa antiga Bienal Fenosa e os Museos de Arte Contemporánea. Por todo, Salvador Corroto, Xavier Seoane e un gran grupo de amigos promoveron esta homenaxe que materializou o concello na sala de exposicións do Pazo Municipal de María Pita.
Fonte: A Coruña Cultura / Concello da Coruña