Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Vista da exposición
> Luis Gordillo. Confesión xeral
Datas: 30/06/2017 - 17/09/2017

Artistas

Luis Gordillo

Descrición

Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC.

A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.

Trátase dunha retrospectiva clásica con numerosas obras inéditas ou pouco coñecidas, especialmente debuxos, así como algunhas obras en proceso que recrean o clima do seu estudo.

Confesión xeral puido verse no CAAC de Sevilla e no Koldo Mitxelena Kulturenea en Donostia-San Sebastián na Alhambra e no Centro José Guerrero de Granada.

Fonte: CGAC

Folleto da exposición

Vídeo da presentación da exposición