Atalaia

Luís Seoane: a configuración do posible. Vista parcial da mostra
> Luís Seoane: a configuración do posible
Datas: 09/04/2010 - 04/07/2010

Artistas

Luis Seoane

Descrición

O ano 2010 representa un momento chave dentro do itinerario comezado no ano 1996 pola Fundación Luís Seoane. Dun lado, cúmprense 100 anos do nacemento de Luís Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979), pintor, ilustrador, escritor, deseñador gráfico, editor e estandarte culural de Galicia, tanto na diáspora como na súa terra. Doutro, é momento de facer unha revisión da colección da Fundación Luís Seoane, coa fin de presentar ao espectador unha visión profunda tanto da obra do artista galego como dos froitos que o estudo do seu legado produciu ao longo de catorce anos de existencia da súa Fundación.

Deste xeito, a Fundación Luís Seoane e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), organizan a mostra Luís Seoane: a configuración do posible, un proxecto que profundiza na obra de Seoane e as súas fontes e rende unha homenaxe a un artista que soubo manter en todo momento unha coherencia estética, ideolóxica e vital, algo que, visto coa perspectiva suficente supuxo un acto non só de valentía, senón tamén de compromiso e sacrificio a partes iguais.

A mostra xira ao redor de sete apartados principais: Trazos e figuras, que reúne a obra na que a influencia das Vangardas Históricas faise máis patente; Guerra, capitalismo, exilio e emigración, onde afóndase no compromiso político de Seoane; Paisaxes e realidades elementais, que agrupa a obra paisaxística e os bodegóns; Ensoñacións e mundos míticos, onde explórase a sublimación mítica da identidade galega; Bestas inventadas, cunha escolla dos bestiarios realizados por Seoane na década dos setenta; Deseño, creación, ilustración: literatura, sección na que analízase ao Seoane deseñador gráfico e editor e, por último, Autorretratos, obras nas que o artista convértese en protagonista da análise pictórica.

A exposición inclúe, asimesmo, un apartado documental con exemplos do traballo de Seoane como editor, así como unha escolla publicacións sobre o artista, ademáis dunha instalación na que se recupera unha entrevista radiofónica na que Seoane recapitula sobre aspectos da súa vida e obra, e un apartado cronofotográfico destacando os momentos chave da traxectoria vital e do traballo deste irreemplazable creador. Pechando a exposición, proxectarase un documental sobre Luís Seoane realizado expresamente para comemorar o centenario do seu nacemento.

Fonte: Fundación Luís Seoane