Atalaia

Luis Seoane. Cinzano, ca. 1952. Colección Fundación Luis Seoane
> Luis Seoane. Retrato de esguello
Datas: 12/06/2015 - 27/09/2015

Comisariado

David Barro

Descrición

O proxecto concibiuse mediante unha dobre vía, expositiva e editorial, coa edición dun libro que recolle o legado cultural de Luis Seoane. Esta publicación servirá ademais como introdución ou punto de partida do proxecto de investigación que desde a Fundación Luis Seoane se está a realizar para conformar o catálogo razoado do artista, composto de diferentes estudos e análises sobre aspectos clave da súa biografía que contextualizarán, á súa vez, outra serie de volumes dedicados en exclusiva ás fichas catalográficas de todas as súas obras.
Fonte: MARCO