Atalaia

Manel Cráneo. Lagoas dos Grandes Mandinnos, de Planeta Mincha, 2012, Tinta, lapis, e cor dixital, impresión dixital sobre papel fotográfico, 20x29 cm.
> Manel Cráneo. Estampas do Planeta Mincha
Datas: 08/08/2012 - 31/08/2012

Artistas

Manel Cráneo

Descrición

Manel Cráneo (A Coruña, 1973). Artista multidisciplinar de ampla bagaxe en diversas discplinas. Comezou o seu periplo profesional a principios dos anos 90. Como autor de cómic, centos de páxinas súas teñen aparecido en publicacións como BD BandaBarsowiaDos Veces Breve, GPSOvo, Costra de Postre, Os Rústicos da GadañaBravúSubterfuge ComicsInterea Visual ou Boletín Galego de Literatura.

Publicou a serie Planeta Mincha - Estudos Xeográficos, nas revistas Caña e Viralatas, e anteriormente A Fraga Milmañas (con guion de Carlos Amil) en Golfiño. Publicou tamén os álbumes Dámsmitt (Dibbuks, 2006, con guion de Kike Benlloch), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009) e Cousas de Mortos (Demo Editorial, 2012), e colaborou en volumes colectivos como Fito y Fitipaldis (Dro Eastwest), Artículo 20 (Astiberri) o H2OIL (Colectivo Chapapote).

O seu Ladróns de cadáveres foi adaptado a curtametraxe. Recentemente, producíu tamén un capítulo piloto da serie de animación baseada no universo de Planeta Mincha. Como ilustrador traballou para Richmond Publishing, Santillana ou Everest entre outras moitas editoriais.

Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 e Error!, e na actualidade dedícase á experimentación musical compoñendo música mincha.

Entre os seus galardóns destaca o Premio Nacional de Cómic sobre Vida y Obra de Federico García Lorca (Granada, 1998). Foi presidente de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales). Ten comisariado diversas mostras e exposicións, e é tamén director editorial e propietario de Demo Editorial.

Fonte: Galería 9THE13