Atalaia

Manolo Dimas. Sen título. 2013. Acrílico sobre papel
> Manolo Dimas. Obra recente
Datas: 17/07/2013 - 30/09/2013

Artistas

Manolo Dimas

Descrición

A obra de Manolo Dimas (Caracas, 1959) desde o comezo da súa traxectoria a finais dos anos oitenta mantivo unhas coordenadas que se poderían rastrexar por enriba dos seus cambios e evolucións. A maxia cotiá 'fauve' apareceu dende os primeiros debuxos que presentou na Galería Grupo 15 e está sempre presente nos seus traballos.

Dende o ano 1977 ata o 2008 expuxo coa Galería Moriart e a galería Sen, de Madrid, galería C5 Colección de Santiago de Compostela, galería Fontanar de Riaza (Segovia), tanto individualmente como participando en colectivas e feiras internacionais como Art LA en Los Ángeles (EE UU), Estampa en Madrid, Liste Köln Colonia (Alemaña), ARCO en Madrid ou Espazo Atlántico en Vigo. 

Fonte: Galería About Art.