Pontevedra suite 1983-1987 recolle a obra do artista pontevedrés Manuel Moldes realizada durante uns anos transcendentais no seu proceso creador. Na mostra, comisariada por Ángel Cerviño e coordinada por Alberto González-Alegre preséntase ao público unha ampla escolma das obras que resultan fundamentais na súa carreira artística. En apenas cinco anos, entre 1983 e 1987, Manuel Moldes vivirá unha etapa de excepcional creatividade e realizará algunhas das series pictóricas especialmente significativas e esenciais da súa carreira, entre as que, sen dúbida, se atopan non poucas das súas indiscutibles obras mestras.
Fonte: Museo de Pontevedra