A Galería Bacelos presenta unha selección de obras de Manuel Vilariño (A Coruña, 1952), que xiran arredor das súas persoais consideracións sobre o xerme do mito e os elementos clásicos da natureza –aire, auga, terra, lume-, ademais de novas tiraxes procedentes dunha das súas series iniciais e máis coñecidas, Bestias involuntarias, dos anos oitenta.
Diferentes formatos, tamaños, mesmo soportes -como a novedade das caixas de luz para as paisaxes de xeo-, conviven nas paredes da galería xunto a escrita poética do propio Vilariño, da man de dous poemas de atmosfera haiku, procedentes do seu libro Ruinas al despertar.
Fonte: Atalaia