Atalaia

Mark Manders. Unfired clay head. 2014
> Mark Manders. Curculio Bassos
Datas: 04/07/2014 - 12/10/2014

Artistas

Mark Manders

Comisariado

Javier Hontoria

Descrición

Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) é un dos artistas internacionais máis relevantes das dúas últimas décadas e autor dun dos corpus de traballo máis persoais de cuantos poden verse no concerto internacional. Ademais de representar o seu país na 55.ª Bienal de Venecia, realizou exposicións en moitos dos museos e centros de arte máis importantes do mundo e participou en Documenta 11 en 2002. Unha variación do traballo que presentou na cita de Kassel estará presente no Dobre Espazo do CGAC.

Mark Manders é, fundamentalmente, escultor, e a súa obra ten un forte compoñente poético. Todo parte do seu xa lendario Self-Portrait as a Building, un traballo realizado en 1986, cando o artista tan só tiña 18 anos, o momento en que comprendeu que tiña “unha certa afinidade coa linguaxe das artes visuais”. Toda a súa obra posterior é unha variación incesante e aberta deste primeiro traballo, co que trata de entender algo aparentemente sinxelo pero asemade profundamente complexo: que o mundo está poboado por seres humanos e que estes seres humanos crean obxectos que os acompañan no seu devir vital. Partindo desta premisa, Manders creou un insólito universo formal que en ningún caso obvia esa fonte indispensable que é a poesía e, nun sentido máis amplo, a escritura; pero unha que non utiliza palabras, ou non sempre, senón obxectos, formas.

O CGAC acollea súa primeira exposición individual en España, que reúne traballos realizados en todas as etapas da traxectoria do artista e inclúe obras procedentes de museos como o Stedelijk Museum de Amsterdam, o S.M.A.K de Gante, a Kunsthaus de Zúric ou a colección Rabobank, ademais doutras procedentes de coleccións privadas.

Fonte: CGAC

Folleto da exposición

Mark Manders. Curculio Bassos no Diario Cultural (Radio Galega)

Mark Manders. Autorretrato en construcción. Chus Martínez Domínguez. Babelia. El País (18/09/14)

Mark Manders. La noche sobre la mesa. María Marco. El Cultural. El Mundo (18/07/14)