Como autora, ao pasar os ollos polo grupo de obras escollidas para esta mostra, sinto que parte de min materialízase en imaxes. António Damásio considera que para que o cerebro sexa consciente precísase acadar unha nova propiedade: a subxectividade. É precisamente esa propiedade, o tipo de subxectividade presente nestas imaxes, a que me fai percibir, cando as observo, que estou ante unha parte de min mesma.
En Melatonina, as series A'Hearn e Night of Moving Stars foron impresas con chorro de tinta sobre papel Barita. Para Interstate, Numb e Untitled escollín unha impresión de chorro de tinta sobre papel Fine Art. A procura do tipo de material e da técnica que mellor expresaría o universo presente en cada obra determinou as diferentes seleccións de impresión.
Os traballos de vídeo da exposición representan, tamén, o sentimento agochado en Melatonina. Retratan algunhas observacións e pensamentos que xurdiron durante os últimos anos e que, dalgún xeito, reflexionan sobre os conceptos de Tempo, Consciencia e Realidade.
Fonte: Marta Alvim (Lisboa, 2011) - Galería 9THE13