Warning (2): include(avg/images/tacu.jpg) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'avg/images/tacu.jpg' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Vista da exposición
> Mateo Maté. Facer e desfacer
Datas: 19/09/2013 - 18/10/2013

Artistas

Mateo Maté

Descrición

"Creo que a tarefa dun artista non debe de ter un fin social, quizais teña un destino social. Ese é un valor engadido polos demais a un mero acto de resistencia, supervivencia e aprendizaxe individual como é a arte. Así pois o fin da arte non debe de ser comprensible. Non debe de ser nin propaganda política nin inmoralidade. O seu fin non pode ser nin o de agradar nin o de irritar, que é outra forma de agradar. Cando eu estou a falar sobre a finalidade da arte na nosa sociedade estou a facer o labor dun sociólogo e non a dun artista.

Un artista ten que propoñer ideas e que elas mesmas sigan o seu curso, xa encontrarán o seu impacto, aínda que sexa mínimo. Non hai que temer ser riscado de elitista. Nunha sociedade democrática hai que reclamar o dereito a opinar minoritariamente.
Na época da ideoloxía global ou do fin das ideoloxías, que é o mesmo que dicir do fin da diversidade de opinión, sinxelamente con describir a realidade tal e como a vemos, ou tal e como a queremos ver non estamos a facer política? Nós só podemos modificar o noso concepto do mundo, que é como modificar o mundo para nós".
Texto: Mateo Maté