Atalaia

Miguel Ángel Campano. Vista exposición A pintura nai
> Miguel Ángel Campano. A pintura nai
Datas: 31/05/2013 - 28/07/2013

Comisariado

Nicolás Combarro

Descrición

 

Esta exposición ocupa os espazos expositivos do Kiosko Alfonso e o PALEXCO. A través desta mostra, comisariada por Nicolás Combarro, faise un percorrido pola traxectoria do madrileño Miguel Anxo Campano que se converteu nun dos máis destacados artistas do panorama plástico expañol e un referente da renovación da pintura que ten lugar na década dos 80. Nesta mostra revísase a súa produción desde estes anos ata as súas últimas creacións.

Ao longo da súa traxectoria, abordou as máis variadas técnicas pictóricas e estilos, converténdose a dualidade figuración-abstracción na marca distintiva que lle serve para configurar unha linguaxe propia e individualizar a súa produción entre as diferentes correntes artísticas.

Fonte: Concello de A Coruña