Atalaia

Miguel Vidal. Sen título
> Miguel Vidal. L'obscurité
Datas: 25/06/2013 - 06/07/2013

Artistas

Miguel Vidal

Descrición

De formación autodidacta Miguel Vidal (Pontevedra, 1968) adícase á fotografía dende hai máis de 20 anos. Recibiu clases dalgúns mestres da fotografía tales como Antoine D'Agata, Stuart Franklin ou Chris Steele-Perkins (Axencia Magnum).

O seu traballo como fotoxornalista ao longo dos anos enmarcou a súa obra na street photography e o seu interese crecente pola arte levouno a explorar a figura feminina e o retrato internándoo no Neopictorialismo.

A liña expositiva que presenta nesta ocasión a galería, está intimamente relacionada coa exposición Outro lado, outra vida comisariada por Ramón Rozas no Pazo de Cultura de Pontevedra, o pasado ano 2012. Trátase do resultado das relacións entre o artista e os seus modelos, levado a cabo a través das redes sociais, e cunha clara tensión sexual. Vidal retrata unha serie de persoas anónimas, relacionadas na súa maioría co mundo das artes plásticas e visuais, con quen se relaciona a través das redes sociais como facebook, conseguindo así chegar ao máis íntimo de cada un deles e levándoos coa súa cámara a aparecer desprendidos de todo prexuízo social da "vida real" e soltarse sen vergonza á expresión das súas inquietudes máis profundas, que Miguel Vidal sabe captar e levar ao seu modo de ver e sentir a fotografía, nunha atmosfera escura, de fantasía e misterio.
Fonte: Galería About Art