Warning (2): include(adodb/home.inc) [http://php.net/function.include]: failed to open stream: Non hai tal ficheiro ou directorio [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]
Warning (2): include() [http://php.net/function.include]: Failed opening 'adodb/home.inc' for inclusion (include_path='/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp:/var/www/html/cultura/html/atalaia/cakephp/app_web/:.:/usr/share/pear:/usr/share/php') [/var/www/html/cultura/html/Connections/con_cultur.php, line 1]

Atalaia

Miguel Vidal. Fotografías pertencentes á serie Outro lado, outra vida.
> Miguel Vidal. Outro lado. Outra vida
Datas: 20/09/2012 - 11/11/2012

Artistas

Miguel Vidal

Descrición

A fotografía de Miguel Vidal (1968, Pontevedra), preséntase nesta serie, Outro lado. Outra vida, a través dos retratos de diferentes persoas que acostuman atoparse ao outro lado das redes sociais.

Outro lado, outra vida

"Persoas coas que consigo conectar a través da rede; persoas que parece que se disfrazan, pero enganan, porque o que desexan é vivir a súa outra vida, a vida do personaxe que eu alcanzo a fotografar: anxos, demos, paxaros, prostitutas, homes e mulleres que se atopan nun bosque, macarras tatuadas, loitadoras de loita libre, modelos, policías secretas…

A vida cotián é tan rutinaria e aburrida para moitos -din os sociólogos-, que por iso buscan un personaxe que interpretar no outro lado. O difícil é que ese personaxe chegue a ser real, e así ocorre que a través das miñas imaxes se materializa, fáise auténtico e sobrevive para sempre.

Deste xeito, estas persoas conseguen o que dexean, que o seu outro lado cobre vida e podan mostrarse entón nas súas redes sociais non como realmente son. Porque todos os personaxes están á marxe dos límites que a sociedade consinte, e é imposible que sexan comprendidos e admitidos na vida real.

E qué consigo eu? Dar forma a eses desexos ocultos, escudriñar eses outros eus e coñecer algo máis do ser humano, tan frustrado ás veces, e tan complexo sempre."

Texto: Miguel Vidal

Fonte: Pazo de Cultura de Pontevedra