Artistas: Carlos Pazos / Christian Marclay / Eve Sussman / Florence Paradeis / Jirí Kovanda / John Divola / Marcel Van Eeden / Marie Jo Lafontaine / Peter Downsbrough / Rui Calçada Bastos / Sergey Bratkov / Teresa Hubbard & Alexander Birchler / Tracey Moffatt / Una Henry / Vari Caramés / Vito Acconci / Zilla Leutenegger.
O cine foi, sen dúbida, o medio artístico con máis impacto na cultura do século XX. En innumerables ocasións, o traballo dos artistas do resto dos campos visuais foi fonte de inspiración para directores, guionistas, fotógrafos, deseñadores de vestiario e en xeral todos os responsables de fabricar o artificio da imaxe cinematográfica que se converte no que coñecemos como película. Se isto é así, tamén aconteceu á inversa, que o cine influíu de xeito determinante no resto de disciplinas categorizadas como artes visuais.
Miradas cinematográficas. Colección CGAC pretende achegar a principal colección de arte en Galicia ao Centro Torrente Ballester e facelo a través dunha lectura que nos permita recoñecer a pegada da linguaxe cinematográfica no resto das artes visuais da contemporaneidade. Coma se tratásemos de analizar unha rodaxe, a exposición busca achegarnos ao mundo do cine como produto artístico rematado pero tamén á influenza na arte dos seus intersticios, dos seus procesos. Unha serie de seccións como Secuencias, Localizacións, En branco e negro, Os actores ou Acción!, serven como fío condutor para mostrarnos cal é a mirada cinematográfica dun importante conxunto de artistas representados na colección do CGAC.
Fonte: Centro Torrente Ballester