Atalaia

Misha Bies Golas. El hombre verdadero se resiste a la manipulación, unha das 49 imaxes da carpeta "A modo de conclusión", 2012
> Misha Bies Golas. A modo de conclusión
Datas: 31/03/2012 - 23/04/2012

Descrición

O artista Misha Bies Golas (197, Lalín), presenta no espazo de proxectos do CGAC, unha carpeta cun total de 49 láminas en formato A3, baixo o título A modo de conclusión. Un conxunto de imaxes extraídas de diversos medios -xornais, libros, enciclopedias, etc.-, son recontextualidazas e acompañadas dos seus respectivos pés de foto para artellar un relato ao redor de relixión, ateísmo, deus, ciencia, ideoloxías e outros conceptos. A carpeta responde ao seguinte índice de capítulos:

- Introducción

- ¿Ateos o idólatras? / Un "absoluto en la vida". Los ateos en la Biblia. "Idolatrías" antiguas y modernas.

- El mito cientifista y su crisis / El alcance de un método. Como si Dios no existiera. La ciencia como fetiche. La idolatría científica, en crisis. Descrédito de la inteligencia.

- La praxis divinizada / Marx y Freud. Un par de religiones.

- Una "religión" sin Dios / Extraña fe.

- Los individuos ateos / De la ignorancia al ateísmo. Desgracias reales o supuestas. "Complicarse" la vida.

- A modo de conclusión.

A inauguración tivo lugar o sábado, 31 de marzo, coa presentación do traballo A modo de conclusión, de Misha Bies Golas, a intervención de George Varela e o concerto da banda Diadermin. A está aberta ata o 23 de abril.

Fonte: ATALAIA / CGAC